4/23/2011

VII CAMPEONATO DE PESCA CONCELLO DE ROIS


Poker de Campeones
y
Gestoso agradeciendo el apoyo de José García al Club Londra

VIII CAMPEONATO DE PESCA
“CONCELLO DE ROIS”

TROFEO CUCHARILLAS EDU.

CLUB DE PESCA DEPORTIVA LONDRA.


         Este Venres Santo vén de disputarse o VIII CAMPEONATO DE PESCA “CONCELLO DE ROIS” organizado polo Club LONDRA.
         Trinta e dous pescadores déronse cita para disputar esta proba no couto de Rois que se podía resumir en tres palabras, camaradería, deportividade e poucas troitas, esta última é a tónica xeral de todos os ríos de Galicia, á que o Rois non é alleo, onde despois de un mes de tempada. as esperanzas dos pescadores vense mermadas a medida que transcurre esta. O couto de Rois, xa difícil de pescar por ser un río moi técnico e de augas cristalinas, añadeselle esta tempada as poucas capturas que se realizan tanto a cucharilla como a cebo natural, mentres que os que practican a pesca con cola de rata están a capturar  troitas sobre todo con ninfa e en menor medida a mosca seca.
         Disputouse o campeonato en dúas mangas de dúas horas cada unha delas, tendo entre estas unha hora para descansar e cambiar o control. A modalidade foi a de Lance sin morte, para o cal CUCHARILLAS EDU, puxo a disposición dos pescadores un lote de cucharillas. Capturáronse un total  de dezaseis troitas que logo de medilas se devolveron a ó seu medio natural en perfecto estado, arroxando o final da proba a seguinte clasificación:

CATEGORIA SENIOR MASCULINO:
1º- JOSÉ RABUÑAL CAAMIÑA. (Club LONDRA)
2º- JOSÉ EIRAS RODRÍGUEZ. (Club LONDRA)
3º- JOSÉ OTERO REBOREDO. (Club LONDRA)
4º- CARLOS TORRADO BARROS. (Club LONDRA)
5º- JOSÉ M. DIEGUEZ FREIJEDO. (A.D.N. RIBADAVIA)
6º- MANUEL LÓPEZ GONZÁLEZ. (PONTEMOAMAR)
7º- JOSÉ Mª BLANCO OTERO. (Club LONDRA)
8º- JOSÉ DEL RÍO SOMOZA. (Club LONDRA)
9º- IVAN GESTOSO REY. (Club LONDRA)
10º- DAVID ALVAREZ LORENZO (PONTEMOAMAR)
11º- JOSÉ MANUEL REY GARCÍA. (O RANQUEIRO)
12º- MANUEL CRISTOBO BALADO. (Club LONDRA)



CATEGORIA DAMAS:

1ª- YESSICA MOLDES OJEA. (PONTEMOAMAR)
2ª- MELANIE GESTOSO REY. (Club LONDRA)
3ª- CECILIA ABOY FABEIRO. (Club LONDRA)


CATEGORIA XUVENIL:

1º- MARTIN SECO VELO. (Club LONDRA)
2º- CRISTIAN FERREÑO COMESAÑA. (A.D.N. RIBADAVIA)
3º- IVAN BLANCO TARRIO. (Club LONDRA)

PREMIO A PEZA MAIOR.

JOSÉ EIRAS RODRIGUEZ. (29 cm) (Club LONDRA)

PREMIO PESCADOR MAIS VETERÁN:

MANUEL REY RODRÍGUEZ. (Club LONDRA)

         O Xuiz da proba, D. Luis Piñeiro Mirás, corroborou dita clasificación o que dou paso ó xantar de confraternidade, onde pescadores e acompañantes departiron as anécdotas que deparou esta xornada, no transcurso do cal  entregáronse os premios ós mellores clasificados por parte das autoridades presentes,  houbo agasallos de participación para todos e sorteouse material de pesca entre os asistentes. Tamén neste campeonato se lle rendeu homenaxe a D.José García García, ex-vicepresidente da Federación Galega de Pesca, no que se lle reconoceu a súa traxectoria neste cargo e a labor levada a cabo en prol da pesca deportiva en Galcia, entregándolle por parte do Presidente do Club LONDRA, Antonio Gestoso Miguéns, unha placa conmemorativa, para de seguido clausurar dito campeonato, agradecendo a presencia das autoridades locales e federativas, a participación de varias Sociedades de pesca, a deportividade dos pescadores, a colaboración de Protección Civil de Rois e  das distintas casas comerciales de Rois, Padrón, Santiago de Compostela, Boiro, Ribeira e a Coruña, así como a todos os medios de comunicación que difundiron e difunden sempre as actividades que o Club LONDRA de Rois leva a cabo.



No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License