3/20/2014

III OPEN DE PESCA A SPÍNNING DA ACDR O PATÍN 2014


BASES DO III OPEN DE PESCA A SPÍNNING DA ACDR O PATÍN 2014

PROGRAMA

Venres 18 de abril:
20.00 – 21.00 h poderanse recoller os dorsais na praza de San Gregorio (Carnota)
Sábado 19 de abril:
00:00 h inicio da competición
6.30 – 7.30 h recollida de dorsais na praza de San Gregorio
13.00 h Finalización da competición
13.00 h - 14.00h Peso das capturas
14.15 h Entrega dos premios na praza de San Gregorio

INSCRICIÓN
- Envío dos seguintes datos ao correo-e: acdropatin@gmail.com
  • Nome e apelidos
  • DNI
  • Teléfono de contacto
  • Lugar de orixe
  • Idade
- Contía: 5 €
- Ingresaranse na conta da ACDR O Patín no Novagalicia Banco: ES40 2080 0334 8330 4009 5241
No concepto indicarán: “pesca+nome+apelidos do participante”
- No caso de facer inscrición conxunta, enviar un correo indicando nome e apelidos de todos os inscritos ao correo-e: acdropatin@gmail.com

PREMIOS
- Trofeos para os 3 primeiros e agasallo por determinar
- Sorteo de material de pesca entre as persoas participantes

ZONA DA COMPETICIÓN
A competición terá lugar entre Punta Uía (Concello de Muros) e O Pindo (Concello de Carnota) Prohíbese o exercicio da pesca na zona protexida de Mar de Lira (desde a piscifactoría de Stolmt Seafarm ata o inicio da praia de Carnota)

MANGAS
A competición celebrarase nunha única manga de 6 h de duración.

POSTOS
As persoas participantes disporanse de maneira libre na zona de pesca gardando unha distancia mínima de 40 metros.

SEBOS
Só se permite o uso de reclamos artificiais, queda prohibido o uso de calquera tipo de fariñas, pastas, aromatizantes, esencias, aceites, colorantes, etc, naturais ou artificiais que se arroxen á auga coa finalidade de atraer os peixes.

ESPECIES OBXECTO DE PESCA
Serán válidas e por tanto puntuarán as pezas das seguintes especies:
- Dicentrarchus labrax (Robaliza)
- Pollachius pollachius (Abadexo)
- Belone belone (Agulla)
- Scomber scombrus (Xarda)
A medida mínima será a correspondente á normativa galega:
- Robaliza: 36 cm
- Abadexo: 30 cm
- Agulla 25 cm
- Xarda: 20 cm
Todo aquel participante que presente á pesada pezas inferiores en 2 cm de cada medida mínima será descualificado automaticamente. As pezas presentadas á pesada serán doadas a unha organización sen ánimo de lucro.

SISTEMA DE PUNTUACIÓN
Outorgarase 1 punto por gramo no caso da robaliza e de 0,5 puntos por gramo para o resto das especies. A pesada comezará unha vez finalizada a manga e prolongarase durante 1 hora.
As prazas están limitadas a 80 deportistas.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License